mércores, 3 de outubro de 2018

Cambiamos de blog

Inquedarte foi o espazo de encontro dos artistas-cineastas do curso 2017-2018. Se segues interesad@, terás que visitarnos, agora estamos no blog Cinema wabisabi 

luns, 21 de maio de 2018

Uso responsable da rede

Este vídeo atopeino fai xa uns días, pero como hoxe na clase mencionouse, e xa levamos feitas non-sei-cantas cousas relacionadas con este tema, aquí deixo este vídeo bastante ilustrativo do que a adicción ás redes socias provoca.

Sen máis deixovos disfrutar o vídeo.

xoves, 17 de maio de 2018

Me cago en la hostia, Manolo

Sin título ni final.

2º DE BACHILLERATO

Hola a todos, después de mucho tiempo vuelvo a escribir en este blog. Sobre un tema el cual ya todos conocemos, 2º de bach. Sólo quería mostraros un vídeo que visioné hace dos años cuando me iba a inscribir en este instituto. Y por lo que he vivido estos dos años, no se equivocaban en nada.
Así que sin más dilación os dejo tranquilos para que veáis este maravilloso vídeo realizado ya hace unos cuantos años por alumnos que en ese entonces estaban en vuestro lugar.


Y también os dejo otro para que si tenéis un poco de tiempo lo podáis visionar también.


Y finalmente os dejo un ultimo vídeo protagonizado por los dos mismos chicos que en el primero. Celebrando que dicho primer vídeo llegó al medio millón de visitas y subiendo.


luns, 14 de maio de 2018

Dhogs

O día 17 de maio estrase no Duplex de Ferrol unha gran pelicula galega que ven arrasando en todos os festivais nos que se presenta.  Titulase Dhogs e ista e a súa web. Foi dirixida por un xovencisimo rapaz de Meira (Lugo) e contra todo pronóstico estase a colocar entre o mellor do cinema feito en Galicia (13 premios Mestre Mateo). Como tedes o curso practicamente rematado ao mellor é un bo día para ver un gran filme. Non o perdades. Aquí tedes o trailer:
 E aqui os horarios das proxeccións en toda Galicia

CINES
CIDADE
  ESTREA
HORARIO*

CINEMA NUMAX
SANTIAGO
17 MAIO
ONLINE E
TAQUILLA
MULTICINES NORTE
VIGO
17 MAIO
ONLINE E
TAQUILLA
CINES DUPLEX
FERROL
17 MAIO
20:15
TAQUILLA
CINES VIVEIRO
VIVEIRO
17 MAIO
17>18:45
18>21:00
19>21:00
20>17:00
24>21:00
TAQUILLA
ABELLA CINES
LUGO
18 MAIO
PRÓXIMAMENTE

CANTONES CINES
A CORUÑA
18 MAIO
PRÓXIMAMENTE

CASA DOPESO
AS PONTES
19e20 MAIO
19>19:00 e 22:00
20>19:00

CINE SEIXO
MARÍN
Do 17 ó 20
20:00 - 22:00
TAQUILLA
CINE LAURO OLMO
O BARCO DE
VALDEORRAS
17e20 MAIO
17>18:00
20>19:30
TAQUILLA
NOVOCINEMA LEIRO
LEIRO
17 MAIO
(DÍA ÚNICO)
18:15-20:30
TAQUILLA
ARTISTIC METROPOL
MADRID
25 MAYO
ONLINE E
TAQUILLA
CINES ZUMZEIG
BARCELONA
18 MAYO
ONLINE E
TAQUILLA

martes, 8 de maio de 2018

Fritz Lang en Ferrol

Ao longo do curso deume a impresión que o cinema expresionista chamouvos a atención. Moit@s de vos manifestáchedes no seu día a vosa devoción por Tim Burton. Pois si queredes entender mellor algunhas das teimas do voso admirado director, tedes unha ocasión de ouro asistindo o sábado 12 de maio ao Teatro Jofre para gozar da fabulosa distopía de ciencia-ficción "Metrópolis" de Fritz Lang, unha peli considerada pola UNESCO como "memoria do mundo". Estará ambientada en directo coa música de Morales, compositor de música electrónica e industrial. Cambiará o voso xeito de entender o concepto "cine mudo". Unha experiencia única e que de seguro ficará nas vosas lembranzas para sempre.

luns, 7 de maio de 2018

¿Inspiración rápida?

Aproveitando que acabamos de facer os nosos videopoemas quería deixar aquí dous dunha youtuber, para que vexades outras posibilidades, e de paso, a os que aínda non os fixéchedes, a ver se vos serven de inspiración.


xoves, 19 de abril de 2018

Finalistas de Youtubeir@s

Mañán venres, 20 de abril ás 20 h no Teatro Colón celébrase a gala final dos premios Youtubeir@shttp://youtubeiras.gal/ ás que se presentaron 230 videos procedentes de toda Galicia. Participan moitos mozos e mozas coma vos.Ten como obxectivo o de promover e visibilizar o uso do galego con vídeos de opinión e videotitoriais a través dunha das redes sociais máis influíntes do momento. Si tedes algo de tempo podedes botarlle un ollo aos vídeos que compiten na gran final.

Categoría de vídeo-facermos:

Categoría de vídeo-opinarmos:

Categoría de canle:

Categoría de creatividade:

Categoría de eficiencia comunicativa:

Categoría de calidade técnica:

Categoría de calidade lingüística:

Categoría de proposta youtubeira:


mércores, 18 de abril de 2018

Estrea de "Versogramas"

Falamos en clase deste proxecto pioneiro que pretende poñer en valor o xénero da videopoesía en España agrupando nunha longametraxe documental aos máis relevantes videopoetas do panorama español e internacional.
Aquí tedes a súa web completa con moitísima información sobre a videopoesía. A premiere mundial de Versogramas será en NUDO – Festival de Poesía Visual (Barcelona), o vindeiro venres 20 de abril. Vai o trailer:

VERSOGRAMAS / VERSES&FRAMES [TRAILER] documentary from Esferobite-DSK on Vimeo.